Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresarios galegos no exterior premian a Aceites Abril e o magnate Carlos Vasallo

Empresarios galegos no exterior premian a Aceites Abril e o magnate Carlos Vasallo

O X encontro que organiza a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid pretende reforzar os lazos entre os emprendores e facilitar o retorno do capital e do talento 

G24.gal 01/08/2024 14:30

O premio dos Empresarios Galegos no Exterior recoñece este ano a familia de Aceites Abril, da que destacan a longa traxectoria que permitiu situar a empresa como o cuarto maior fabricante en España, ademais de promover a recuperación do cultivo da oliveira en Galicia. Producen 200 millóns de litros de aceite ao ano.

"O empresario galego do ano en América é Carlos Vasallo, un galego da Coruña asentado en Miami e con pés en México e outros lugares. Ten varias canles de televisión en aberto e en 'streaming' que emiten para Estados Unidos e México", declarou Julio Lage González, Presidente de AEGAMA.

Carlos Vasallo desenvolveu unha enorme produción cinematográfica, con máis de 3.000 películas en México. Agora o magnate estase a introducir no mercado da promoción inmobiliaria, tamén en Galicia.

Os premios poñen o punto e final a un encontro que comezou esta mañá na Illa da Toxa, no que se falou de comunicación, sucesión empresarial e en especial da necesidade do retorno da que consideran a última onda da emigración galega, mozos e mozas formados nas nosas universidades que marcharon fóra traballar. 

 "E que sumando o coñecemento que adquiriron aquí coa experiencia práctica que adquiriron fóra axuden o desenvolvemento económico-social do noso país",  engadiu o Presidente de AEGAMA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade