Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche da policía atropela tres persoas en Madrid nunha saída de vía

Un coche da policía atropela tres persoas en Madrid nunha saída de vía

Os feridos son un bebé e dúas mulleres, que tiveron que ser hospitalizados

Os axentes acudían á chamada doutra patrulla para facer unha detención

G24.gal 08/09/2024 22:39 Última actualización 08/09/2024 22:58

Un coche da Policía Nacional atropelou en Madrid varias persoas, entre elas un bebé, ao marchar fóra da estrada e invadir a beirarrúa. O cativo sufriu un golpe na cabeza. Tamén quedou ferida a nai e mais outra muller.

Os axentes acudían como reforzo á chamada doutra patrulla para deter un home que participara nunha agresión. O condutor perdeu o control do vehículo ao esquivar outro e foi entón cando se produciu o accidente.

Tres das vítimas tiveron que ser trasladadas ao hospital mentres que outras tres foron atendidas no lugar por crises de ansiedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade