En 2023 constituíronse en Galicia 50 proxectos de autoemprego coa fórmula de cooperativas
En 2023 constituíronse en Galicia 50 proxectos de autoemprego coa fórmula de cooperativas
Para crealas só fan falta dous, e permiten máis facilidades para baixas, vacacións ou permisos
Segundo a Unión Europea, son unha das fórmulas empresariais máis resistentes ás crises
Unha tenda de roupa e complementos que colabora con novos creadores e artistas para facer expocisións. É o proxecto de dúas amigas, Ana e Susana, que volven cotizar despois de que a crianza dos fillos as afastase varios lustros da vida laboral. Acaban de nacer na Coruña, onde pretenden, co tempo, crear a súa liña propia de moda.
"Reintroducirse no mundo laboral despois de tantos anos, coa idade que temos, e coas novas xeracións que veñen superpreparadas non ía ser posible. Entón pareceunos que o sistema de cooperativa se adaptaba perfectamente ás nosas necesidades", explica Susana Martínez, unha das socias da Cooperativa 15cero11.
15cero11 acaba de nacer, pero Nave de Lata en Santiago xa leva ano e medio programando concertos e asesorando artistas. Un traballo que antes facían no réxime de autónomos, por separado, ata que decidiron constituírse en cooperativa.
"En gran parte porque cremos máis no modelo de economía social, representa máis a nosa actividade e o noso xeito de traballar e estar no mundo, e tamén porque así temos un emprego de mellor calidade", relata Aitana Cuétara, socia da Cooperativa Nave de Lata
Pode facilitar que unha persoa poida ter unha baixa ou estar de vacacións, que non é un tema menor, explican en EspazoCopp. Explican que a mentalidade democrática na toma de decisións é unha das razóns que levaron os socios de Silvicultura Arreda, en Boiro, a optar por esta fórmula.
"Pensamos que era un bo xeito de igualar opinións, de non ter sempre unha cabeza visible, senón ter todos unha responsabilidade, e ser obxectivos. A fórmula da cooperativa axúdanos tamén a regular eses puntos de vista", conta Aitor Brandón, de Arreda Sociedade Cooperativa Galega.
"Estase promovendo, non só a nivel europeo, senón a nivel estatal e galego, porque as fórmulas de emprendemento colectivo o que facemos é ser moito máis resilientes. Ter mellor comportamento tanto en época de crise como de bonanza", informa Ana Olveira, a presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop explica que en 2023 axudaron a nacer 50 destas novas empresas. Séguenas 18 meses, axúndalles co papelame e guíanas ante as administracións".