En Baxeles buscan cobertura colgando os móbiles nas árbores, nas viñas e pola aldea adiante
En Baxeles buscan cobertura colgando os móbiles nas árbores, nas viñas e pola aldea adiante
Esta aldea do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras é unha zona de sombra pola súa complexa orografía
Teñen tamén deficiencias ao usar o teléfono fixo por radio, quitáronlles o antigo fío de cobre e non lles instalaron a fibra óptica
Séntense incomunicados e abandonados e piden un servizo de telefonía digno
Baxeles está indignado. Nesta aldea de Vilamartín de Valdeorras teñen deficiencias á hora de usar o teléfono fixo e non teñen cobertura móbil dentro das casas.
Moitos son maiores e, de teren unha urxencia, séntense incomunicados e desprotexidos. Cada un ten o seu truco, ningún deles cómodo, para poder usar un servizo ao que teñen dereito, segundo reclaman. Unhas buscan deixan o móbil colgado nunha árbore para que lle soe, como na casa non poden empregar os móbiles, outros buscan cobertura polas rúas e polas viñas.
O teléfono fixo deixoulles de funcionar dende que lle quitaron o antigo fío de cobre e non instalaron en Baxeles a fibra óptica cando si o fixeron nas aldeas do arredor. Din sentirse abandonados e piden un servizo de telefonía digno.