Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Cabanas continúan os asolagamentos, a auga non atopa a saída para evacuar

En Cabanas continúan os asolagamentos, a auga non atopa a saída para evacuar

O piñeiral e os xardín das casas a pé de praia continúan inundados

Os veciños de Cabanas bótanlles a culpa ás obras de mellora na rede de saneamento

As propiedades construídas a pé de praia continúan asolagadas
G24.gal 11/03/2024 14:56

"Eu é que nunca vin semellante cousa. Si se ten inundado un pouco por aquí, un pouquiño de auga pero eu os chalets coma están agora, nunca os vin eh", comenta unha veciña de Cabanas.

As casas situadas ao pé da praia da Magdalena en Cabanas continúan asolagas. Aquí chove sobre mollado e os veciños culpan as obras que se están a realizar na rede do saneamento.

"Aquí algunha inundación sempre houbo remitía enseguida, saía polas canalizacións que tiñan e a partir desta obra algo deberon de romper aí, que a auga empoza", apunta Carlos Fachal, propietario do supermercado.

"Para facer a obra esa teñen que achicar e todo iso vai tamén a engrosar o desastre", di un veciño.

"Están intentado amañar, con bombas e facendo un bypass buscando as saídas vellas e parece que empeza a funcionar algo, pero esta fin de semana choveu e volveu a haber algunha inundación, sobre todo nos chalés", explica Carlos.

Preocupa que vai pasar na Semana Santa.

"Van ter moi complicado vir en Semana Santa, son segundas residencias case todas e os que estaban vivindo aquí fóronse porque non podían vivir, non podían entrar nas casas, cousa que tamén nos afecta aos comercios que por aquí estamos, restaurante e todo, claro", comenta Carlos.

Un aspecto desolador ofrece tamén o piñeiral e os acesos convertidos nun lameiro.

"Nalgún sitio parece unha lagoa o piñeiral", apunta unha veciña.

"É un problemón, é un problema para todos os veciños", sentencia o propietario do supermercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade