Caldas teme unha nova enchente do río Umia se chove moito este serán

O río baixa co caudal controlado, pero todo pode mudar en poucas horas

Os servizos de emerxencias están en situación de prealerta ante unha posible nova enchente

G24.gal 08/11/2023 14:18

O río Umia ao seu paso por Caldas de Reis adoita ter unha altura duns dous metros e medio, pero estes días baixou ao dobre dese caudal. O medidor chegou ata case os cinco metros. O río desbordou e anegou partes da contorna. En Caldas non sorprende, pero preocupa que se repita.

Polo paseo da Tafona, pegado ao Umia, vemos mangas e tubos de achicar dos que se usaron para desaloxar a auga desbordada nas últimas horas. O dispositivo de emerxencias en Caldas e na contorna están en situación de preemerxencia.

Esta zona de Caldas, que xa quedou anegada varias veces,  é unha das máis sensibles pola proximidade ao río. O Umia, de momento, baixa controlado e sen risco de desbordamento. A cousa pode cambiar á última hora do día. Todo dependerá da cantidade de choiva que caia nas vindeiras horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade