Cargando resultados...
En dez días arderon máis hectáreas que nos últimos catro anos en Ourense
En dez días arderon máis hectáreas que nos últimos catro anos en Ourense
O incendio que afecta o parque do Invernadeiro comeza a achegarse á serra da Queixa
G24.gal
23/07/2022 17:03
Última actualización 23/07/2022 21:13
En 10 días arderon 1.000 hectáreas máis que nos últimos catro anos na provincia de Ourense. No Parque Natural do Invernadeiro son xa 5.800 as hectáreas calcinadas, practicamente a metade da riqueza medioambiental.
Segundo informan, o lume comeza a achegarse á serra da Queixa, unha zona de gran riqueza ecolóxica e arqueolóxica. Como medida de prevención cortaron este sábado o acceso por estrada á parroquia de Pradoalbar.
As altas temperaturas e o vento seguen complicando os labores de extinción. Múltiples medios aéreos traballan arreo para dar sufocado as lapas porque, ademais, é unha zona de moi difícil acceso.