Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha xenialidade de Yeremay decide o derbi co Racing (1-0)

Unha xenialidade de Yeremay decide o derbi co Racing (1-0)

Nun partido de poucas ocasións, o cadro deportivista sumou os primeiros tres puntos da temporada

G24.gal 01/09/2024 16:04 Última actualización 01/09/2024 19:31

Minuto a minuto

Xoga de inicio Barbero co que Idiákez xunta a cinco xogadores de características ofensivas. Mantén a Villares no lateral e muda o porteiro coa estrea de Helton

Equipo continuísta no Rácing. Os mesmos once xogadores das dúas primeiras xornadas.

Sona o himno galego en Riazor!!!!

1

Principia o partido!!!!

5

Dous córners seguidos que saca o Rácing. O segundo remátao alto Naldo!!

7

Remata forzado Álvaro Giménez, rozando o largueiro!!! O Rácing aparece máis en ataque nos primeiros minutos

19

Centro chut no ataque do Deportivo. Yeremay e Mella xogan nos carrís e Villares no centro do campo ... Pero moi pouco do cadro coruñés en ataque

25

Proba sorte Mella cun remate cruzado e Jesús Ruíz envía a córner

33

Partido parado en Riazor. Golpe fortísimo entre Buñuel e Pablo Vázquez. O peor parado foi o racinguista que marcha KO. Haberá troco. Entra Delmás!

42

Lanzamento de José Ángel que se vai por riba do traveseiro!!

45

Mancado Álvaro Giménez!!! O segundo nas ringleiras do Rácing

45+

Xogada de Yeremay e cabezada de Mella que marcha desviada por moi pouco. A mellor do partido!!!

Remata a primeira parte na Coruña!!!

46

En xogo a segunda metade en Riazor. Cartón para Chiki na primeira xogada

48

Ocasión do Rácing. Centra Chiki, toca José Ángel e case marca na súa propia porta

55

1-0 GOOOOOOL DE YEREMAY. Acción do canario a pé trocado, atopa situación de lanzamento e axusta ao pau

61

Naaaaldo!!! O brasileiro imponse no balón parado e está a piques de marcar o gol do empate

63

Salva Helton o man a man con Jáuregi. Comeza a xerar ocasións o Rácing

65

Volve aparecer Yeremay nunha contra con disparo desde a frontal que lle marchou fóra

73

Primeira participación de Bouldini en ataque. Acaba rematando José Ángel e a xogada vaise a córner

76

Proba sorte Lucas Pérez de falta e resposta á perfección Jesús Ruíz

88

Carrusel de trocos no Deportivo. O último en entrar foi o debutante Obrador

94

Remata o partido en Riazor. Yeremay decidiu o encontro cunha xenialidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade