En Galicia hai 200 prazas en centros de día para menores en perigo de exclusión
En Galicia hai 200 prazas en centros de día para menores en perigo de exclusión
Son menores en situación de desprotección ou con dificultades sociofamiliares
En Galicia hai duascentas prazas en centros de día para atender menores en situación de desprotección ou con dificultades sociofamiliares.
A través de entidades sociais sen ánimo de lucro, trabállase para que estes menores poidan normalizar a súa situación familiar e eviten a súa exclusión social.
"Estamos atendendo nenos e nenas entre tres e dezaoito anos, con situacións que precisan dun apoio técnico, e nós dámoslle esa intervención integral fundamentada no traballo coas familias", apunta Julio Barreiro, director da Asociación Arela, que leva varios destes centros.
Esta mañá a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitaba en Santiago de Compostela as instalacións dun dos centros onde están reciben atención sete nenos en situación de intervención sociofamiliar.
"Imos blindar dende agora ata o ano 2027 o funcionamento destas duascentas prazas de atención diúrna para nenos con necesidades de protección e facémolo a través destes contratos blindados con entidades sociais", anunciaba a conselleira de Política Social.
Dende a Xunta lembran que este ano pasouse a administrar estas prazas mediante concertos económicos, nos que se lles dá preferencia ás entidades sociais. Este ano dedicáronselles case vinte millóns de euros a estes centros de atención diúrna.