Publicador de contidos
Publicador de contidos

En liberdade o único detido da lea da fin de semana na zona vella de Lugo

En liberdade o único detido da lea da fin de semana na zona vella de Lugo

O mozo está obrigado a comparecer semanalmente en sede xudicial

G24.gal 25/01/2022 18:32

O xulgado deixou en liberdade con cargos e con medidas cautelares o único detido acusado de agresión na pelexa multitudinaria que tivo lugar a noite do sábado na zona histórica de Lugo,  na que houbo un ferido de arma branca.

O mozo está obrigado a comparecer semanalmente en sede xudicial como investigado por un delicto de lesións.

A policía prosegue a investigación e non descarta novas detencións tras identificar varios dos implicados. 

Grazas ás testemuñas, os axentes puideron encontrar dous coitelos usados supostamente na pelexa nas rúas lindeiras ao lugar da lea, na rúa Catedral onde hai varios negocios de ocio nocturno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade