En marcha a campaña de vacinación contra os virus respiratorios
En marcha a campaña de vacinación contra os virus respiratorios
Os nenos de 2 a 5 anos recibirán unha vacina nasal para a gripe
A inmunización contra o virus respiratorio sincipital evitou o ingreso de 400 bebés
Coa chegada do outono comezou en Galicia a campaña contra os virus respiratorios. Os maiores están chamados a inmunizarse contra a gripe e a covid ao mesmo tempo, en diferentes convocatorias dependendo do grupo de idade.
E os nenos de 2 a 5 anos tamén poden vacinarse contra a gripe pero sen ter que recibir unha inxección. Por primeira vez váiselles administrar a vacina por vía intranasal, un método que ademais de protexer contra a gripe podería reducir tamén a infección doutros virus relacionados co estreptococo A, vinculado a enfermidades como a escarlatina ou a faringoamigdalite. Ademais a inmunización dos nenos é fundamental para reducir a transmisión do virus entre a poboación xeral.
E por segundo ano vaise inmunizar os bebés menores dun ano e os que teñen determinadas patoloxías contra o virus respiratorio sincipital responsable da maior parte dos casos de bronquiolite en nenos e adultos. O ano pasado, o primeiro no que houbo vacina, evitou só en Galicia o ingreso hospitalario de 400 pequenos.