Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Oia topa unha botella con cinzas e unha mensaxe singular no interior

Un veciño de Oia topa unha botella con cinzas e unha mensaxe singular no interior

O recipiente supostamente atravesou todo o océano procedente da costa dos Estados Unidos 

G24.gal 29/01/2023 14:48 Última actualización 29/01/2023 15:15

Secundino Vicente é o veciño de Mougás que nunha das súas incursións habituais pola zona da Centinela, no concello de Oia, atopou aboiando unha botella que chamou a súa atención.

"Tiña un billete por fóra e un cartel, e no interior tiña outro billete e outro escrito", conta este veciño.

A botella contiña o que semellaban unhas cinzas e unha nota en inglés que falaba dun home supostamente falecido tres anos atrás: Paul Nichols, 35 anos, natural da Florida estadounidense.

Secundino, que xa ten atopado mensaxes polo estilo, non se estrañou da petición que portaba o achado.

"Trátase dun surfista que faleceu e quería que onde chegase a botella que se esparexeran unhas cinzas que viñan dentro da propia botella", comenta Secundino.

A mensaxe da botella tamén incluía un enderezo electrónico para facer saber á familia do finado, e sobre todo á súa filla, o destino das cinzas.

"Penso que hai que pórse en contacto cos pais, para que avisen á filla", relata o protagonista da nova.

Un número inscrito na mensaxe apunta a que as cinzas do malogrado surfista poderían estar aboiando por todo o océano repartidas en ducias de botellas, todas elas cunha pequena propina de dous dólares para que o afortunado descubridor da misiva brinde á saúde do finado. Pois vai por ti, Paul.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade