Investigan un pai en Ourense por deixarlle conducir o coche á súa filla de 13 anos
Investigan un pai en Ourense por deixarlle conducir o coche á súa filla de 13 anos
Nos últimos meses a Garda Civil tivo coñecemento de seis casos
O último aconteceu no parque empresarial de San Cibrao das Viñas
A Garda Civil de Ourense só nesta provincia tivo coñecemento de seis casos nos últimos meses.
No último interceptaron nunha parcela do parque industrial de San Cibrao das Viñas unha nena de 13 anos manexando, o seu pai ía ao lado dándolle instrucións.
O pai estano investigando por cometer un delito contra a seguridade no tráfico.
As sancións poden ser económicas ata 3.000 euros e tamén penas de cárcere.
Para aprender a conducir é imprescindible acudir a un centro autorizado, onde os profesionais ofrecen todas as técnicas para levar un coche de xeito seguro.
As consecuencias de aprenderlles aos fillos a conducir poden ser fatais se se fai ademais nun lugar público e aberto ao tráfico.