Porto do Son ultima os preparativos para as alfombras florais do Corpus
Porto do Son ultima os preparativos para as alfombras florais do Corpus
Nesta vila do Barbanza levan un mes traballando para confeccionar 300 metros de alfombra
Con 30 anos de tradición, en Porto do Son os preparativos para confeccionar os 300 metros de alfombras florais polos que transcorre a procesión comezan a principios de maio.
Un traballo que tradicionalmente facían as mulleres da vila, ás que nos últimos anos tamén se suma algún que outro home. Tarefas en que tamén colaboran os nenos. Un xeito de implicalos para manter a tradición.
Este ano a chuvia está a ser un grande obstáculo, sobre todo á hora de debuxar os deseños na rúa, polo que non poden evitar mirar ao ceo.
Como Porto do Son son moitos os lugares que ultiman arestora os preparativos para o domingo de Corpus. Unha festa relixiosa á que se suman iniciativas solidarias como a que a ludoteca de Rianxo organiza na praza da Virxe de Guadalupe con obradoiros e xogos cuxa recadación será destinada á Asociación Galega de Fibrose Quística.