Publicador de contidos
Publicador de contidos

En seis concellos galegos non naceu ningún bebé o ano pasado

En seis concellos galegos non naceu ningún bebé o ano pasado

É o caso de Vilar de Barrio, A Mezquita, Teixeira, Negueira de Muñíz, Trabada e As Nogais, nas provincias de Ourense e Lugo

G24.gal 24/09/2023 09:36

Algo pasa na Galicia interior, que cada día nacen menos bebés, sobre todo nos concellos pequenos, entre os que se dan casos de municipios nos que nin sequera naceu un só pequeno ou pequena en todo o ano pasado.

É o caso de Vilar de Barrio, A Mezquita e Teixeira, en Ourense, ou de Negueira de Muñíz, Trabada e As Nogais, na provincia de Lugo. Ademais destes concellos, hai moitos outros nos que apenas naceron tres ou catro cativas e cativos en todo 2022.

No Páramo o ano pasado só houbo tres nacementos. Pola rúa apenas atopamos algún dos 1.300 veciños censados, falamos con estes cinco que teñen as súas teorías sobre por que non hai novos nacementos.

No colexio do Páramo apenas hai medio cento de estudantes, situación parecida á de Paradela, concello no que o ano pasado naceron seis bebés.

En Paradela esta fin de semana celébrase o día da patroa. A familia de Brais está censada en Sarria pero o neno estuda en Paradela porque lles queda máis preto e porque aquí naceu a súa nai, firme defensora da vida do rural.

Interior baleiro

A mesma opinión que Verónica tena Begoña, unha veciña de Paradela nai dun neno de once anos que non entende que o interior estea quedando baleiro.

En máis da metade dos concellos da provincia de Lugo o ano pasado non se rexistraron nin dez nacementos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade