Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Xinzo levan dous días cos termómetros en negativo

En Xinzo levan dous días cos termómetros en negativo

Rexistráronse temperaturas baixo cero tamén en Calvos e Randín e en Viana

G24.gal 02/11/2022 16:04

En Xinzo levan xa dous días cos termómetros en negativo. A chuvia da unha tregua pero a cambio chega o frío, especialmente na provincia de Ourese onde levan dous días coas temperaturas máis baixas de toda a Comunidade. Rexistráronse temperaturas baixo cero en Calvos e Randín, en Viana e en Xinzo.

Abrigos pola rúa, mantas nas camas e tirar da calefacción e os veciños están preparados para levar ben estas temperaturas. Tamén nas máximas que hoxe non pasarán dos 14 graos.

 Os termómetros marcaron en negativo de madrugada, e ben abrigados ían á primeira hora da mañá. Carapucha na terraza para o café, abrigo e bufanda. Canda Xinzo, os termómetros marcaron en negativo en Calvos de Randín, menos un grao, e Viana, menos dous. No interior de Ourense levan tempo preparados para unhas temperaturas que este ano se fixeron agardar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar