Cargando resultados...
Ence queda na ría de Pontevedra ata 2073
Ence queda na ría de Pontevedra ata 2073
O Tribunal Supremo avalou a prórroga de 60 anos que lle concedera o Goberno de Rajoy en 2016
G24.gal
11/02/2023 16:00
Última actualización 10/02/2023 20:01
O Tribunal Supremo avalou esta semana que a fábrica de Ence continúe na ría de Pontevedra ata o ano 2073.
Unha decisión que pon fin a un periplo xudicial que durou case unha década, con demandas, recursos e ata tres sentenzas da Audiencia Nacional que obrigaban a sacar a pasteira de Lourizán.
A súa continuidade, agora asegurada, despexa o futuro dos máis de cinco mil empregos que xera Ence.