Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ence sobe un 27% na bolsa despois de gañar o litixio no Supremo

Ence sobe un 27% na bolsa despois de gañar o litixio no Supremo

As accións da pasteira pecharon en 3,86 euros

G24.gal 07/02/2023 19:09 Última actualización 07/02/2023 19:17

 A empresa de materiais industriais Ence protagonizou este martes a maior alza da bolsa española ao subir o 27,14 %, despois de que o Tribunal Supremo avalase a prórroga que lle permitirá manter operativa a súa planta en Pontevedra ata 2073.

As accións de Ence pecharon en 3,86 euros, tras subir ese 27,14 %. No que vai de ano, a cotización bolsista da compañía revalorizouse o 37,37 %.

O consello de administración da entidade pospuxo o pasado 25 de xaneiro a presentación dos resultados do 2022 ata marzo próximo, a fin de recoller "adecuadamente" o impacto da decisión do Tribunal Supremo, que finalmente foi favorable á empresa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade