Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eneko Jauregi, un canón para o ataque do Racing

Eneko Jauregi, un canón para o ataque do Racing

O dianteiro vasco chega libre despois de rematar contrato coa S. D. Amorebieta

Na tempada pasada marcou sete goles e deu dúas asistencias 

Eneko Jauregi loita polo balón ante o Sporting de Xixón. SD AMOREBIETA Eneko Jauregi loita polo balón ante o Sporting de Xixón. SD AMOREBIETA
G24.gal 18/07/2024 11:56

O barco do Racing de Ferrol ten un novo canón para romper as redes dos rivais. Eneko Jauregi chega á cidade ferrolá dende a S. D. Amorebieta, equipo no que foi máximo goleador con sete goles, que acompañou con dúas asistencias. O de Muxika chega despois dunha ampla traxectoria en España e unha aventura na primeira grega, no Asteras Aktor.

Jauregi formouse nas categorías inferiores do Gernika e da Real Sociedade e xogou na segunda nas filas do Córdoba. Co Amorebieta, volvía á categoría de prata e certificaba o seu bo momento de forma con goles. Un deles, o único que marcou na Copa do Rei, foi ante o Celta, na vitoria dos celestes por dous a catro.

O vasco convertese na novena fichaxe do Racing e na terceira da parcela ofensiva despois das incorporacións de Christian Borrego e de Josué Dorrio. O cadro de xogadores colle forma de cara á próxima tempada, na que tentará repetir o bo rendemento da pasada campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade