Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro feridos graves e 22 de distinta consideración ao empotrarse un bus con traballadores de Inditex en Barcelona

Catro feridos graves e 22 de distinta consideración ao empotrarse un bus con traballadores de Inditex en Barcelona

O vehículo quedou en posición vertical apoiado na entrada dun túnel na comarca do Maresme

EFE/ David Borrat
G24.gal 16/07/2024 09:57 Última actualización 16/07/2024 20:53

 Catro persoas resultaron feridas graves e unha trintena de diversa consideración nun aparatoso accidente dun autocar no que viaxaban unha cincuentena de traballadores de Inditex.

O sinistro ocorreu na comarca barcelonesa do Maresme.

O vehículo quedou envorcado en posición semivertical apoiado na boca dun túnel da C-32.

A pesar de que sobre o terreo o Sistema de Emerxencias Médicas  informou de que había tres feridos críticos e 22 graves, finalmente, unha vez os pacientes foron derivados a varios hospitais, a consellería de Saúde actualizou o balance.

En total, atendéronse 47 persoas.

Os Mossos d'Esquadra manteñen por agora todas as hipóteses abertas sobre as causas deste accidente, ocorrido cara ás 08.45 horas da mañá entre Pineda de Mar e Tordera.

O autocar saíra da praza Tetuán de Barcelona e transportaba como cada día a traballadores do grupo Inditex a unhas instalacións que a compañía ten en Tordera.

Segundo fontes próximas ao caso, desde 2014 a compañía Monbús prestá servizo de transporte a Inditex para desprazar aos traballadores.

Nun comunicado, Inditex asegurou que está a realizar un "seguimento individualizado" da situación de cada un dos 48 empregados do grupo que viaxaban no autobús lanzadeira e que puxo ao dispor dos feridos e dos seus familiares varias medidas de apoio e acompañamento, como traslados, servizos de aloxamento e asistencia psicolóxica.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar