ERC e Junts pactan esixir un referendo para investir a Sánchez e o PSOE replica que polo camiño da ruptura "non hai avance"
ERC e Junts pactan esixir un referendo para investir a Sánchez e o PSOE replica que polo camiño da ruptura "non hai avance"
ERC e Junts pactan esixir un referendo para investir a Sánchez e o PSOE replica que polo camiño da ruptura "non hai avance"
O PSOE e o PSC reiteran a súa aposta polo diálogo "sempre dentro da Constitución"
ERC e Junts pactan non investir a Pedro Sánchez se o candidato socialista non se compromete antes a negociar un referendo de independencia ademais de aprobar unha lei de amnistía.
Despois de que este luns, no arranque do debate de política xeral, o presidente da Generalitat, Pere Aragonès (ERC), esixira a Sánchez que se comprometese a acordar ao longo desta lexislatura as condicións dun referendo en Cataluña, ambas as formacións acordaron un texto común respecto diso.
As formacións dirixidas por Oriol Junqueras e Carles Puigdemont acaban de rexistrar senllas resolucións conxuntas no Parlament. É o seu primeiro acordo para fixar unhas condicións comúns para investir a Sánchez.
Os textos someteranse este venres a votación na última xornada do Debate de Política Xeral do Parlament. ERC e JxCat buscan que a Cámara catalá se posicione a favor de non investir ningún presidente do Goberno "que non se comprometa a traballar para facer efectivas as condicións para a celebración do referendo".
Resposta do PSOE
O PSOE e o PSC replícanlle a Junts e ERC, que polo camiño da ruptura e a discordia "non hai avance posible", e reiteraron a súa aposta polo diálogo e a convivencia "sempre dentro da Constitución".
Nun comunicado conxunto en resposta a este asunto, o PSOE e o PSC reiteran a súa vontade de "apostar polo diálogo como a única forma de garantir o progreso e a convivencia en Cataluña". E sinalan que este diálogo "ten quee servir para superar a división e non para profundizar na ruptura e a discordia que tanta tensión xerou de forma estéril en Cataluña e no resto de España". "Por ese camiño, non hai avance posible", engaden.