Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ermeloíta, un novo mineral nun monte de Pontevedra

Ermeloíta, un novo mineral nun monte de Pontevedra

"É un achado moi relevante porque son minerais pouco comúns. Neste caso, comprobouse que o fosfato non tiña dúas moléculas de auga, como noutros rexistrados, así que tiña que ser algo novo.

G24.gal 30/10/2024 16:37

Trátase dun fosfato de aluminio que foi achado no monte Ermelo de Pontevedra. O primeiro achado da ermeloíta tivo lugar en 2015 por un grupo de persoas apaixonadas á mineraloxía, que colaboran coa Universidade de Santiago de Compostela, quen recolleu unha mostra.

"É un achado moi relevante porque son minerais pouco comúns. Neste caso, comprobouse que o fosfato non tiña dúas moléculas de auga, como noutros rexistrados, así que tiña que ser algo novo, como se publicou e recoñeceu finalmente. De momento, o seu interese é científico porque hai moi pouca cantidade", explicou Jiménez Martínez, xeólogo. E apunta que unha vez feita a súa 'radiografía' pode ser que se identifique noutros lugares.

O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME-CSIC) participou na descrición dunha nova especie mineral, aínda que os estudos definitivos foron realizados coa colaboración doutros investigadores entre os que se atopan o xeólogo anteriormente mencioado,do departamento de Recursos Xeolóxicos para a Transición Ecolóxica do IGME-CSIC, e José González del Tánago, do Departamento de Mineraloxía e Petrología, Facultade de Ciencias Xeolóxicas, Universidade Complutense.

Este achado, que foi publicado recentemente na revista científica 'Mineralogical Magazine', suma un máis aos 1.200 minerais que se sabe que existen en España, un país de "gran diversidade xeolóxica e mineralóxica". E pasou a engrosar a listaxe de 40 minerais descubertos en España ao longo da súa historia, segundo informa o CISC.

Antes que a ermeloíta, entre os últimos descubrimentos realizados, destaca o da colomeraíta, un mineral extraterrestre que se deu a coñecer en 2020 e que se atopou nun meteorito caído en Colomera (Granada). Fora atopado en 1912 enterrado.

En concreto, no mundo existen hoxe en día algo máis de 5.000 especies minerais aprobadas pola Asociación Internacional de Mineraloxía (IMA, polas súas siglas en inglés), como o foi este caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade