Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector forestal reclama fórmulas para facer máis rendible o monte

O sector forestal reclama fórmulas para facer máis rendible o monte

Con todo, as vendas de madeira superan cada ano os 300 millóns de euros

Galicia xera o 50 % da produción forestal de España

G24.gal 02/05/2024 19:28 Última actualización 02/05/2024 19:42

Ata 300 millóns de euros ingresan anualmente as familias galegas e as comunidades de montes pola venda de madeira. Non obstante, a cifra podería ser máis alta se o monte estivera ben xestionado. Iso din dende as asociacións profesionais, que sinalan o minifundio como principal atranco para o crecemento.

Industrias, pemes e aserradeiros apostan por crear figuras legais que incentiven a silvicultura e que agrupen os propietarios e os terreos para que as talas sexan rendibles económicamente. Dese xeito, poderíanse superar os 2.700 millóns de euros que o sector facturou o pasado ano. Outro freo para a expansión da industria forestal galega é a falta de man de obra especializada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade