Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escala histórica de tres cruceiros no porto de Vigo

Escala histórica de tres cruceiros no porto de Vigo

Había tres anos que non se repetía un atraque simultáneo tan multitudinario

G24.gal 06/10/2022 20:07 Última actualización 06/10/2022 20:18

O peirao de Vigo viviu unha xornada multitudinaria. Alí puidemos ver hoxe unha estampa que había tres anos que non se repetía: a de tres transatlánticos facendo escala de xeito simultáneo nestas instalacións portuarias. 

As esloras do Ventura e do Celebrity Silhouette, que suman máis de 600 metros, ocuparon practicamente todo o peirao de transatlánticos vigués.

Foi a derradeira parada antes de volveren á casa ambos os buques, que chegaron xuntos de Lisboa e marcharon ao mesmo tempo cara a Southampton.

Así que en Galicia despediron as vacacións os seus pasaxeiros. Os que escolleron quedar a pasar o día en Vigo gozaron da comida e da beleza dun día solleiro.

Houbo quen chegou ao cumio do Castro para gozar das vistas, xa gardadas no carrete da memoria. 

O terceiro visitante da xornada, o Viking Mars, permaneceu atracado no peirao do Comercio. Visitaba Vigo por primeira vez dentro da súa viaxe inaugural. A media tarde puxo rumbo cara a Málaga para continuar travesía. 

Había tres anos que este peirao non acollía unha triple escala de cruceiros. A bordo destes tres transatlánticos viaxan uns 9.000 pasaxeiros, algúns de nacionalidade estadounidense e os máis deles británicos. 

Ademais desta, a máis multitudinaria do ano, para este mes e para o vindeiro, hai previstas dúas escalas duplas.

Segundo o porto de Vigo, os arredor de 90 atraques cos que se pechará 2022 son cifras que significan unha transición á volta á normalidade do tráfico de cruceiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade