Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escasea o peixe do arrastre por mor do temporal

Escasea o peixe do arrastre por mor do temporal

A complicada situación no mar xa levou algún vendedor a pechar puntualmente o seu posto

G24.gal 20/10/2022 15:13

Os efectos dos temporrais son devastadores para os mariñeiros e, finalmente, déixanse sentir nos mercados galegos.

Din os vendodores que o mal tempo no mar afectoulle, sobre todo, ao arrastre. Case non houbo meiga nin peixe sapo e, por iso, o prezo destas especies subiu catro euros o quilo. Porén din que, quen queira peixe, pode achegarse ao mercado porque o atopará. Do que se pesca con anzol, por exemplo, a pescada do pincho, a dourada ou o ollomol, si houbo abundancia.

En canto ao marisco, os percebes e os camaróns foron os máis prexudicados.

A complicada situación no mar xa levou algún vendedor a pechar puntualmente o seu posto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade