Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escaseza de sardiña a pouco máis de dúas semanas para o san Xoán

Escaseza de sardiña a pouco máis de dúas semanas para o san Xoán

Pouca sardiña, mediana e a cinco euros o quilo

Os vendedores confían en que para a noite meiga haxa abundancia e a bo prezo

G24.gal 07/06/2024 13:10

"Cantidades tolas, non... pero esta semana e a pasada levo traendo sardiña todos os días, unha caixa que pode traer uns vinte quilos". "Sardiña, sardiña... dun quilo doce sardiñas, moi pouca".

Os vendedores intentan buscar o motivo desta escaseza.

"Ao haber bonito e peixe espada, comen a sardiña tamén".

O que si teñen claro é que se non hai nos mercados galegos, tampouco nos portugueses que, outros anos, xa estaban facendo provisión deste peixe azul para a celebración do santo Antonio o próximo 13 de xuño.

"Eles tampouco teñen, se non claro que non influiría. Pero non hai".

Con todo, confían en que para o san Xoán a sardiña poida mollar o pan.

"Quedan dúas semanas... Malo será".

E o prezo dependerá da cantidade que haxa.

"Xa están preguntando a como as imos vender. Pero iso non o sabemos..."

E no caso de non haber... sempre haberá alternativas.

"Alternativas moitas... xurelo, xouba... que están moi saborosos. A xente non vai quedar sen comer, eh?!"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar