Escrivá explicará no Congreso os detalles da reforma das pensións
Escrivá explicará no Congreso os detalles da reforma das pensións
O Goberno de coalición dá por feito o apoio dos socios de investidura
O líder popular di que "non será cómplice do burato no sistema"
A patronal cre que a reforma compromete a produtividade, mentres que os sindicatos esperan referendar este mércores o apoio á proposta
O Executivo asegura que a prioridade da reforma é o mantemento do sistema público de pensións. Os detalles do decreto lei pactado por PSOE e Unidas Podemos serán explicados este mércores polo ministro de Inclusión e Seguridade Social na Comisión do Pacto de Toledo do Congreso. A voceira do Goberno asegura que "esta é unha gran noticia para as persoas que están percibindo pensión, que teñen a tranquilidade de que contan cun goberno sensible que levou a cabo ese incremento comprometido coas pensións, e faltáballe esta reforma", e dende Podemos reiteran "o orgullo polo acordo alcanzado".
O Goberno dá por asegurado o apoio do bloque de investidura. Para ERC, "non pinta mal", e dende EH Bildu din que "vai na boa dirección".
O Partido Popular oponse á reforma por considerar que compromete o sistema. Feijóo asegura "Non vou ser cómplice de deixar un burato para as pensións actuais e aínda maior para as futuras. Non vou enganar os españois".
Tamén a patronal se reafirma na súa oposición. Din que a reforma prexudicará a competitividade das empresas. Garamendi advirte: "O que se fai é cargar absolutamente todo sobre os ingresos, van lastra de maneira dramática a competitividade do país", e para Amor, "as empresas e os autónomos non teñen marxe para subir máis as cotizacións".
Os sindicatos reúnen ese mércores os seus órganos de dirección para decidir a posición, pero xa apuntan ao visto e prace á reforma.