Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escrivá pon en marcha un autobús informativo sobre o ingreso mínimo vital

Escrivá pon en marcha un autobús informativo sobre o ingreso mínimo vital

O Goberno quere estender esta axuda a 140.000 familias máis

G24.gal 17/10/2022 14:56

O ministro de Inclusión presentou o autobús que vai viaxar por toda España para informar do ingreso mínimo vital. O Goberno quere chegar a 140.000 novos fogares que cumpren cos requisitos, pero aínda non solicitaron esta axuda. Un informe da AIReF asegura que o ingreso mínimo só alcanzou o 40 por cento dos seus potenciais beneficiarios.

Con todo, José Luis Escrivá valorou moi positivamente a cifra de solicitudes. "Estamos en 510.000, creo que a finais de lexislatura, a este ritmo e con todas estas iniciativas, esperamos superar os 650.000. Valorámolos moi positivamente, máis alá de que sigamos traballando".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade