Cargando resultados...
Esgotadas as pasaxes ás Cíes para todas as fins de semana de xuño
Esgotadas as pasaxes ás Cíes para todas as fins de semana de xuño
Só quedan billetes para o día de San Xoán
G24.gal
17/06/2023 12:56
Última actualización 17/06/2023 13:45
Aínda non comezou o verán e xa están esgotadas todas as pasaxes para viaxar ás Cíes as fins de semana de xuño, agás o vindeiro sábado día de San Xoán.
Agora en temporada alta son 1.800 os billetes dispoñibles cada xornada e as solicitudes pódense cursar directamente na central de reservas da Xunta para posteriormente adquirir os billetes nas webs das navieiras.
Polo de agora só se pode viaxar ás Cíes desde os peiraos de Vigo e Cangas; avanzado o verán poderase ir desde Baiona, O Grove, Sanxenxo e Portonovo.
Aínda quedan prazas para ir ao outro grande arquipélago do Parque Nacional das Illas Atlánticas: Ons con saídas desde Vigo, Sanxenxo, Portonovo e Bueu.