Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esgótanse algúns dos xoguetes máis demandados para o Nadal

Esgótanse algúns dos xoguetes máis demandados para o Nadal

Os comerciantes constatan que este ano hai máis previsión 

G24.gal 11/12/2021 21:31

A conta atrás está en marcha. Quedan dúas semanas para que Papá Noel faga a súa maxia e transforme en xogos e xoguetes as ilusións dos nenos.

Non vai ser doado porque nalgunhas tendas xa botan en falta algúns dos que máis se repiten nas cartas dos cativos.

Este ano, os comerciantes constatan que hai máis previsión e que os buscadores de agasallos adiantaron a súa misión.

Navegan nun mar de opcións case infinitas nas que seguen triunfando os clásicos de toda a vida: as bonecas, os coches, os puzzles e, por suposto, os xogos de mesa.

Tamén triunfan os animais interactivos e figuriñas coma os funkos, neste último caso non só entre o público infantil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar