Publicador de contidos
Publicador de contidos

España abrirá unha oficina diplomática en Moldova

España abrirá unha oficina diplomática en Moldova

Pedro Sánchez comprométese a defender a integridade territorial do país

O presidente do Goberno reúnese coa presidenta e coa primeira ministra moldovas e visita un centro de refuxiados

G24.gal 03/06/2022 19:34

España vai abrir unha oficina diplomática en Moldova para reforzar as relacións bilaterais entre os dous países.

Anunciouno o presidente do Goberno, que está de visita oficial en Chisináu. Pedro Sánchez reuniuse coa presidenta e a primeira ministra do país, e visitou un centro de refuxiados ucraínos.

O presidente do Goberno comprometeu o apoio de España a Moldova en caso de que a invasión rusa traspase fronteiras e se traslade ao país.

"Desde a súa elección o goberno de Moldova defendeu un proxecto reformista e proeuropeo e España apoia plenamente esa axenda de reformas, e ímola seguir apoiando xunto co resto da Unión Europea. A actitude de Moldova na crise de Ucraína considero que é exemplar", asegurou Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade