Publicador de contidos
Publicador de contidos

España empata na República Checa cun gol no último minuto

España empata na República Checa cun gol no último minuto

Iñigo Martínez marcou no minuto 90 cando os checos acariñaban o segundo triunfo na Liga das Nacións

G24.gal 05/06/2022 22:54

A selección española segue sen convencer e empatou 2-2 no campo da República Checa na segunda xornada da Liga das Nacións. E sorte que salvou un punto cun gol de Iñigo Martínez no último minuto.

Mal partido do equipo de Luis Enrique sobre todo nun primeiro tempo no que os checos colleron vantaxe no minuto 4 cun gol de Jakub Pesek. Cando xa se ían os equipos ao vestiario apareceu a xoia de 17 anos da selección, Gavi, para marcar cun remate cruzado logo dun pase de Rodri. 

O segundo tempo principiou do mesmo xeito. Kuchta avisou e minutos máis tarde non desaproveitou a oportunidade para poñer o segundo tanto cunha fermosa vaselina.

Lucho meteu no partido a Asensio e España gañou un pouco de fluidez en ataque. Un centro do balear cabeceouno Iñigo Martínez á porta. Con moito suspense o colexiado concedeu o gol e permitiulle rescatar o segundo empate e evitar o segundo triunfo da República Checa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar