Publicador de contidos
Publicador de contidos

España enviará nos próximos días os seis primeiros Leopard a Ucraína

España enviará nos próximos días os seis primeiros Leopard a Ucraína

Os carros de combate foron totalmente reformados e superaron todas as probas

G24.gal 13/04/2023 20:33 Última actualización 13/04/2023 20:38

Os primeiros seis carros de combate Leopard que España vai enviar a Ucraína sairán nos próximos días cara a Kíiv. 

Os tanques do Ministerio de Defensa estaban en desuso e tiveron que ser sometidos a unha remodelación profunda.

Tras meses de traballo, superaron todas as probas de rodaxe e de tiro e están listos para a súa posta en funcionamento.

A ministra de Defensa confirma que chegarán a Ucraína antes de que acabe o mes de abril.

"Estaban nun estado moi deficiente e houbo que poñelos a punto. Fixéronse todas as manobras e as probas necesarias e podemos confirmar que están en perfecto estado e listos para funcionar", asegurou Margarita Robles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade