Cargando resultados...
España investiga a entrada fraudulenta de gasóleo ruso
España investiga a entrada fraudulenta de gasóleo ruso
A ministra para a Transición Ecolóxica apunta a barcos que traerían derivados do petróleo á UE con documentación falsa
G24.gal
05/05/2023 14:37
O gasóleo marca mínimos deste ano e cae por debaixo do euro e medio o litro. O Goberno non descarta que esa baixada se deba a que estea entrado diésel ruso, pese a que está vetado polas sancións a Rusia impostas en toda a Unión Europea.
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, asegurou que o seu departamento está en contacto con Bruxelas para aclarar se está entrando na Unión Europea petróleo e produtos derivados a través de barcos, con acreditación falsa, "que pararon en portos intermedios e incluso nalgún momento pasaron por algún porto ruso".