Publicador de contidos
Publicador de contidos

España non aclara se participará na misión da UE no mar Vermello

España non aclara se participará na misión da UE no mar Vermello

A UE desenvolve unha operación para protexer os buques no mar Vermello que España non veta, pero na que, polo momento, non participa

Podemos, pídenlle ao executivo que bloquee a misión

En Galicia, as empresas que importan e exportan están valorando xa se soben os prezos

G24.gal 22/01/2024 14:33

Intensifícanse os ataques dos rebeldes hutís do Iemen aos barcos mercantes no mar Vermello.

A UE desenvolve unha operación para protexelos que España non veta, pero en que, polo momento, non participa.

Algo que non gusta a Podemos, os que foran os socios de goberno de Sánchez pídenlle ao executivo que bloquee a misión.

O mar Vermello leva tempo convertido nun dos puntos quentes do planeta. As navieiras desvían os buques, pero isto implica máis custos.

En Galicia, as empresas que importan e exportan están valorando xa se soben os prezos

Piden que adopten medidas contundentes para restablecer a seguridade na rexión.

A crise está afectando diversos sectores, dende a automoción ata o téxtil causando atrasos de entre dúas e tres semanas nos pedidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade