Publicador de contidos
Publicador de contidos

España pide incluír o galego, o catalán e o eúscaro entre as linguas oficiais de Europa

España pide incluír o galego, o catalán e o eúscaro entre as linguas oficiais de Europa

Pedro Sánchez anunciaba este mércores que impulsaría o uso das linguas cooficiais do país nas institucións comunitarias

G24.gal 17/08/2023 12:32

O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, en nome do Goberno, pediu de maneira oficial este xoves que o catalán, o eúscaro e o galego se inclúan no réxime lingüístico da Unión Europea.

Albares enviou unha carta á presidencia do Consello da Unión Europea en que “se dá traslado da decisión do Goberno de España” de solicitar a inclusión das “linguas españolas distintas do castelán que gozan de estatuto oficial en España”.

Para iso, o ministro solicita que se modifique o regulamento nº 1 que regula o réxime lingüístico de conformidade co Tratado de Funcionamento da UE.

A carta, datada en Madrid e co selo da representación permanente de España ante a UE, está dirixida á presidencia do Consello da UE, a quen pide que remita “información puntual sobre a evolución deste asunto”.

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, anunciaba este mércores que impulsaría o uso das linguas cooficiais do país nas institucións comunitarias durante este semestre no que España encabeza a Presidencia da Unión Europa.

"España fala en castelán, pero tamén fala en catalán, en eúscaro e en galego, e é o noso deber e responsabilidade garantir espazos de representación, de uso e de coñecemento das linguas", dixo Sánchez a súa intervención ante os recentemente elixidos deputados e senadores socialistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade