Publicador de contidos
Publicador de contidos

España presenta un plan fiscal que é un brinde ao sol, por Santiago Calvo

OPINIÓN

España presenta un plan fiscal que é un brinde ao sol, por Santiago Calvo

Santiago Calvo 16/10/2024 09:08

O Goberno finalmente cumpriu. Tiña o 15 de outubro como data límite para presentar ante a Comisión Europea o Plan Fiscal e Estrutural, e chegou. Sen embargo, xa estábamos en tempo de prórroga, porque a data inicial era o 20 setembro.

Este documento presenta unha novidade, xa que explica cal vai a ser a senda fiscal para cumprir cas novas regras fiscais durante os próximos 7 anos. Estas regras resúmense a unha: a regra de gasto. Comprometémonos a aumentar o gasto menos do que o vai facer a economía. En concreto, mentres o gasto primario neto, é dicir, sen contar o gasto en intereses, os fondos europeos ou partidas ligadas ao ciclo económico como ás axudas ao desemprego, vai a aumentar un 3 %, o PIB aumentará nun 5 %.

A isto chámaselle axuste silencioso, porque non é necesario facer recortes, simplemente espérase que os ingresos crezan máis que os gastos. Pero sen medidas adicionais, ou todo o gasto vai ir parar ás pensións ou aumentamos a presión fiscal. O Goberno xa manexa unha proposta para subir os impostos en 4.500 millóns de euros. Cabe destacar, que nos últimos 5 anos España foi o terceiro país da UE no que más creceu a recadación dos impostos.

Levamos anos sen facer axustes que melloren a saúde das nosas contas públicas, e a factura da débeda pública é 35.000 millóns de euros ao ano, cerca da metade do que gastamos en educación ou sanidade.

Alégrase o Goberno de poder gastar 6.000 millóns de euros máis. Pero debemos centrarnos máis no como, e non no canto. Desafortunadamente, non temos detalle das medidas concretas que se van tomar para acadar os obxectivos de axuste. Isto corresponde a outro documento, que é o plan orzamentario, que non se pode entregar a Bruxelas porque non hai contas que indiquen as políticas económicas e fiscais que se van seguir no curto prazo. É dicir, o plan de axuste non deixa de ser un brinde ao sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar