Galicia suma 71 casos de varíola do mono, 29 máis desde o luns
Galicia suma 71 casos de varíola do mono, 29 máis desde o luns
En España rexistráronse 365 positivos máis, que xa roza os 5.000 casos activos
España contabiliza este venres 365 casos máis de varíola do mono e mantense como o país europeo e o segundo do mundo con máis afectados por este gromo.
En total contaxiáornse 4.942 persoas, das que 139 foron hospitalizadas e dúas faleceron. Só en España danse case a metade dos casos europeos. No continente detectáronse 11.536 positivos.
Madrid é a comunidade que reporta máis casos. En Galicia hai 71 positivos e a comunidade con menos contaxios é A Rioxa, con catro.
No país séguese agardando polas 7.000 vacinas máis das 11.400 que se adquiriron a través de Hera e outras 200 que se mercaron a un terceiro Estado.
Carolina Darias sinalou que poderían estar para finais desta semana ou comezos da vindeira.