Memorable remontada branca en recordo de Amancio (2-5)
Memorable remontada branca en recordo de Amancio (2-5)
Emotivo minuto de silencio en Anfield na previa do Liverpool - Real Madrid polo xogador galego
Noite máxica madridista, que comezou perdendo o partido por 2-0
Non puido haber mellor homenaxe á figura de Amancio Amaro por parte dos xogadores do Real Madrid. Nun escenario memorable, contra un rival de lenda e perdendo por 2-0 cando só se levaban quince minutos, os brancos sacaron o xene europeo e conseguiron unha remontada descomunal que será lembrada durante moitos anos (2-5).
No minuto 14, o resultado era moi favorable ao Liverpool, cos goles de Darwin e Salah, despois dun erro maiúsculo de Courtois.
Tierra, trágame.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 21, 2023
Courtois falla y Salah no perdona.
2-0 en Anfield.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/Q3XoRa27HV
Chegou o momento de Vinicius, que deu un recital de fútbol no primeiro tempo. Marcou dous goles e fabricou un par de xogadas máis en que humillou a defensa do Liverpool. Ao descanso, o resultado era de empate a dous.
El partido que merecemos.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 21, 2023
Golazo de Vinicius para hacer el 2-1.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/dY9bKlSR37
El Liverpool-Real Madrid está siendo una simulación.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 21, 2023
Ahora falla Alisson. Ahora marca Vinicius. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/4IyJtHmQ3c
Só pasaran dous minutos da segunda parte e Militão sorprendeu a defensa inglesa nunha xogada de estratexia. O Real Madrid culminaba a remontada e aínda quedaba moito tempo por diante.
Tempo que aproveitou Benzema para asinar o seu dobrete particular e deixar a eliminatoria moi encamiñada, o segundo da súa conta despois dunha xogada de fantasía. Anfield calaba ollando un espectáculo que ninguén agardaba ao cuarto de hora do primeiro tempo.
Monet, Cézanne, Renoir y ahora, @Benzema.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 21, 2023
La obra de arte de Karim en el museo de Anfield. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/c0IClHeFDc