Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esta tarde entréganse os Premios Princesa de Asturias

Esta tarde entréganse os Premios Princesa de Asturias

Reaparece a princesa Leonor no tradicional concerto  que se celebra o día antes

Onte á noite compartiron escenario a cantaora Carmen Linares e a bailaora María Pagés, que  esta tarde recibirán o Premio Princesa de Asturias das Artes 2022

Os reis e as fillas acudiron ao concerto no Teatro Campoamor
G24.gal 28/10/2022 09:33

Os reis Filipe e Letizia presiden esta tarde a cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias.  Onte á tarde, os reis e a súas fillas asistiron en Oviedo ao concerto que todos os anos se celebra no Teatro Campoamor na véspera da entrega dos premios.

O acto supuxo a reaparición pública da princesa Leonor, que non volvía a España desde agosto. A herdeira, por certo, cumprirá o vindeiro luns 17 anos.

No concerto, compartiron escenario a cantaora Carmen Linares e a bailaora María Pagés, que recibirán esta tarde o Premio Princesa de Asturias das Artes 2022. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade