Estabilízanse as reservas de sangue despois da escaseza dos últimos días
Estabilízanse as reservas de sangue despois da escaseza dos últimos días
Fan un chamamento para seguir doando plasma en previsión das necesidades do Nadal
Cada tres segundos unha persoa necesita unha transfusión de sangue no territorio español. Mais as pontes festivas da semana pasada e o incremento das infeccións respiratorias fixo que moitos doantes non puideran cumprir co seu xesto desinteresado. Moitos achegábanse hoxe a doar.
As reservas dos grupos sanguíneos O e A positivos son os que peor o están pasando, polo que se fixo un chamamento aos doantes dende os centros de transfusión en Galicia, empregando as dez unidades móbiles dispoñibles e os locais fixos dos centros hospitalarios.
"Baixaron moitísmo as reservas de sangue. É importante que veñan doar estes días porque fai moitísima falla o sangue", comenta Concepción López, da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.
Nalgúns hospitais tiveron que paralizar intervencións cirúrxicas non urxentes por falla de sangue, aínda que tras o chamamento a situación foise estabilizando.
"Os diferentes compoñentes do sangue son moi necesarios para diferentes pacientes que necesitan tanto o que son os glóbulos vermellos como o plasma ou as plaquetas. É unha necesidade de todos os días", asegura a doutora Concepción López.
Para ser doante so hai que ser maior de idade, pesar máis de 50 quilos e non padecer enfermidades transmisibles polo sangue. Para consultar as dúbidas e os lugares para doar, aAxencia de Doazón de Sangue ten un teléfono gratuíto e a súa páxina web. E que agora que estamos no Nadal, que mellor agasallo que doar vida?