Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estáfanlle 14.000 euros por Internet a unha veciña de Ordes

Estáfanlle 14.000 euros por Internet a unha veciña de Ordes

O caloteiro é un home de Cartaxena que empregou unha variante do método coñecido como calote nixeriano

G24.gal 21/04/2023 11:48

O equipo de Ciberdelincuencia da Garda Civil investiga un home de Cartaxena como presunto autor dun delito de estafa de 14.000 euros a unha muller de Ordes.

A operación iniciouse en agosto de 2022 por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil de Ordes e que relatou que iniciou unha conversación a través dunha aplicación de mensaxería instantánea cunha persoa que supostamente se atopaba en Siria por motivos laborais.

O home contoulle que cobraría polos traballos realizados 2 millóns de dólares, explicándolle á denunciante que tiña que enviar o diñeiro fóra do país, pero non podía facelo “polas canles convencionais ante a inseguridade reinante” e, por iso, pedíalle axuda para enviarlle a ela un paquete co diñeiro ao seu domicilio mediante unha empresa de transportes, accedendo a muller a iso, expón a Garda Civil.

Posteriormente, a suposta empresa púxose en contacto coa vítima comunicándolle que os gastos de envío do paquete ascendían a 6.700 euros, aboando esta dita cantidade.

Transcorridos uns días, volveron contactar con ela para comunicarlle que o paquete se atopaba retido en Dubai, polo que debía abonar 5.000 euros, realizando novamente o pago solicitado.

Tras un breve período de tempo, infórmana de que o paquete está en Madrid e que era necesario realizar outro ingreso para xustificar a propiedade do paquete, explicándolle a denunciante que non dispón de máis diñeiro, contestándolle o presunto estafador que ingrese o que poida, realizando a vítima un último ingreso por un importe de 2.360 euros.

A Garda Civil investigou os feitos e lograron a identificación do presunto autor dos feitos, tratándose dun veciño de Cartaxena, que utilizara unha variante do método coñecido como estafa nixeriana, que consiste en ilusionar a potencial vítima cunha fortuna inexistente, persuadíndoa para que aboe ou transfira cantidades de diñeiro elevadas, pero insignificantes comparadas coa fortuna que as vítimas esperan recibir a cambio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade