Publicador de contidos
Publicador de contidos

A temporada alta nas illas Cíes arrinca con máis de 1.000 reservas para a ponte

A temporada alta nas illas Cíes arrinca con máis de 1.000 reservas para a ponte

O transporte regular e o cámping estarán habilitados para os visitantes ata mediados de setembro

G24.gal 13/05/2022 14:42

Vaian reservando billete porque o domingo arranca a temporada alta nas Cíes e Ons, que se estenderá ata o 15 de setembro. Aínda que hai quen xa nin pode esperar.

A clave é coidar e conservar, para poder gozar deste espazo protexido. Segundo o director-conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas: "En España hai 16 parques nacionais e nós somos o 13, e non nos vai mal".

Engade a Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias que se busca que "a xente veña, cun turismo responsable e se poden reservar xa para as 1800 persoas que poden vir ao día, e 600 máis para o cámping".

Aumentan as prazas dispoñibles, pero tamén a demanda porque para estes primeiros días xa hai preto de 1.200 reservas confirmadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade