Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escaso seguimento do paro dos transportistas autónomos en Galicia

Escaso seguimento do paro dos transportistas autónomos en Galicia

Sen incidentes nas primeiras horas do paro do transporte que non apoia a patronal

A plataforma convocante do paro é minoritaria, agrupa autónomos e pequenas empresas

A folga podería custar uns 600 millóns de euros ao día á economía española

G24.gal 13/11/2022 21:03 Última actualización 14/11/2022 08:13


Estímase que ese paro podería custarlle 600 millóns de euros ao día á economía española.

"Estamos a punto de facer estoupar a campaña do Black Friday e da campaña do Nadal, que tan importantes son para calquera país, pero polas mesmas datas outras organizacións convocaron un paro pero a elas ninguén os cuestionou", di José Luis Galán, portavoz da Plataforma Nacional en Defensa do Sector do Transporte.

A plataforma convocante do paro é minoritaria, agrupa autónomos e pequenas empresas. Reclaman, entre outras medidas, non traballar a perdas e que se cumpra a lei. 

No paro anterior do mes de marzo a folga xerou problemas graves na cadea de subministración.
No sector hai división.

"Os prezos do gasóleo están disparados e os portes están demasiado baratos, non cobren gastos nin chegas a fin de mes, practicamente", asegura un transportista.

"Nada máis que está a plataforma, non están a patronal nin os sindicatos, non imos conseguir nada, facer dano ao país", di outro transportista.

Na primeira xornada de paro este luns, os transportistas da plataforma participarán nunha manifestación en Madrid. No percorrido chegarán ata o Ministerio de Transportes. Os convocantes esperan que participen outros sectores como o da agricultura e a gandería. 

A propia ministra de Transportes asegurou que "garantirán o mantemento da cadea de subministración e que os transportistas que queiran traballar poderán facelo en condicións de seguridade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade