Cargando resultados...
Este luns faise efectiva a eliminación do IVE ao aceite de oliva
Non haberá que pagar o imposto por este produto durante tres meses
G24.gal
30/06/2024 20:18
Este luns faise efectiva a eliminación do IVE ao aceite de oliva aprobada esta semana polo Goberno. Non haberá que pagar o imposto sobre o valor engadido por este produto durante tres meses.
Entre outubro e decembro o tipo elevarase ao 2 %, coincidindo coa previsión de que a inflación dos alimentos baixe. En todo caso, cando os tipos volvan á normalidade, o IVE máximo do aceite non superará o 4 %, xa que foi incluído na cesta de produtos básicos.