Este verán A Coruña recibiu un 35 % de turistas estranxeiros
Este verán A Coruña recibiu un 35 % de turistas estranxeiros
De xaneiro a xuño foi a cidade galega con máis visitantes españois
De xaneiro a xuño, descontando os visitantes doutros puntos de Galicia, A Coruña recibiu arredor de 127.000 turistas españois. Foi a cidade galega que acolleu máis viaxeiros nacionais, segundo datos do INE apoiados nos sinais emitidos polos móbiles.
Co verán aumentou a ocupación, en xullo foi do 85 % e en agosto do 91 %, de novo con predominio de españois.
"Noto un incremento respecto ao ano pasado en canto ao turismo, sobre todo o nacional, de Cataluña, Andalucía, O País Vasco...", confirma Marta Arcay, recepcionista no hotel Hesperia.
Os visitantes españois son maioría pero o clúster de turismo de Galicia observou este verán un aumento de visitantes estranxeiros. Pasaron de representar o 20 % da ocupación ao 35 %. Apreciouse sobre todo un crecemento de viaxeiros británicos, franceses e italianos.