Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre o prazo para descargar o Bono Turismo da Xunta

Abre o prazo para descargar o Bono Turismo da Xunta

Poderá usarse desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos os días incluídos

Hai máis de 180 establecementos adheridos, e os interesados teñen de prazo para sumarse ata o 2 de decembro

G24.gal 03/07/2024 15:21

Este xoves abre o prazo para que os usuarios que o desexen descarguen o Bono Turismo da Xunta, que ten como obxectivo promocionar as viaxes en Galicia durante o outono e apoiar o sector fóra da tempada alta.

Segundo informou o Executivo autonómico, a descarga activarase ás 9.00 horas en web www.bonoturismo.gal e poderá usarse desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos os días incluídos.

Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300 euros para gozar dunha estancia o próximo outono nalgún dos establecementos que se adhiran.

Actualmente, hai máis de 180 establecementos adheridos e os interesados teñen de prazo para sumarse ata o 2 de decembro.

A Xunta inviste este ano un millón de euros coa previsión de mobilizar no sector 2,5 millóns de euros durante o outono. Para iso, poñerán en circulación máis de 16.000 bonos en formato código QR cun importe de 150 euros, cofinanciados nun 40% pola Xunta e nun 60% polas persoas solicitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade