Cargando resultados...
Primeiros cheos turísticos nas illas atlánticas galegas
Primeiros cheos turísticos nas illas atlánticas galegas
Multiplícanse os portos de saída en tempo de verán para viaxar ás Cíes e Ons, ou mesmo a Tambo e San Simón
G24.gal
29/06/2024 14:39
Na fin de semana previa ao mes de xullo producíronse os primeiros cheos en Cíes. As navieiras apuntan que ás veces aínda quedan prazas para as visitas guiadas, unha opción que moita xente descoñece.
Os puntos de embarque das viaxes multiplícanse en verán, e xa se pode ir desde Vigo ata Ons e desde Sanxenxo ou Portonovo a Cíes.
De feito son moitos os que cando se enche o cupo de Cíes optan por ir ás Ons e mesmo a Tambo, vello enclave militar desde Combarro e á enigmática Illa de San Simón desde Vigo.