Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estilistas e peiteadores empezan a pedir un sinal para reservar citas

Estilistas e peiteadores empezan a pedir un sinal para reservar citas

Non lles queda outra que reaccionar ante un aumento das cancelacións do último minuto

Moitas barberías fan as reservas a través dunha app
G24.gal 19/02/2024 15:06

 "Mira, nós empezamos a pedir o tema do sinal dende que notamos que había un pouquiño de ausencias e máis que nada o facemos para un respecto. Pois que se non vés non pasa nada, anulas e poder aproveitar ese oco para que outro estilista poida a outra persoa que ao mellor queda sen atender porque non ves", conta Silvia Méndez, propietaria dun salón de peiteados

Profesionais de salóns de estética, peiteados e barberías empezan a estar fartos da informalidade dalgúns clientes. Para eles non é só unha de perda de cartos, tamén unha falta de respecto. Por iso agora optan por cobrar o traballo, fágase ou non.

 "A min me parece fenomenal porque a xente ten pouco respecto ás veces co traballo dos demais", engade un cliente.

Nesta barbería non lles quedou outra que sancionar os que faltan á cita ou incluso se atrasan máis da conta.

"A partir dos 10, 15 minutos empezamos a cobrar o que vén sendo 5 euros a maiores do servizo. Se non ven é o servizo completo o que ten que abonar a persoa", apunta Ismael Roucamieh, barbeiro.

Eles xa optaron por utilizar unha aplicación móbil para facer a reserva, co que cando menos o cobro o teñen xa garantido. Neste salón de peiteados só cobran o sinal aos clientes novos que van facer un traballo de moitas horas. A maioría deles acepta ben a medida.

"Só tivemos, eu creo, dous casos dalgunha persoa que non quixo pagala, pero ben, incluso eu como clienta hai sitios onde vou e pídenma e se ti vas asistir non tes ningún problema en facelo. Á parte nós se a persoa nos chama porque lle xorde un contratempo, devolvemos o sinal ou cambiamos a cita. Non temos ningún problema en facelo", continúa Silvia Méndez, propietaria dun salón de peiteados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade