Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estragan elementos do mobiliario urbano na localidade coruñesa de Santa Cruz

Estragan elementos do mobiliario urbano na localidade coruñesa de Santa Cruz

Os actos vandálicos rexistráronse tras a primeira noite de festas

G24.gal 24/08/2024 14:18

Ocorreu na primeira noite das Festas de Santa Cruz. Ao remate das celebracións, entre os que seguiron de troula, algúns confundiron a diversión co vandalismo. Botaron abaixo parte do valado de madeira que hai xunta un parque infantil e causaron estragos na base de madeira da fonte que decora a rotonda de entrada á localidade.

 "Xa pasou o ano pasado e o alcalde prohibiu traer certas orchestras. Onde hai xuventude é o que pasa", opina un veciño.

"Viuno unha veciña e chamou a Policía e a Policía chamou o pai do rapaz que estaba a golpes e patadas co valado, que era un menor. Penso que os nenos de catorce e quince anos deixalos vir sós a unha verbena é un pouco... porque beben e xa se sabe, son nenos", comenta outra veciña.

Segundo os residentes, non foi a única noite de algarada desde que comezaron os festexos.

"Esta noite onde teño o apartamento foi horroroso. Rompendo botellas de alcohol, guindándoas nos pasos de peóns. Os coches tiñan que subirse ás beirarrúas porque senón rachaban os pneumáticos", relata unha muller.

O problema non é só de Santa Cruz nin de Oleiros. É unha preocupación actualmente estendida.

"Nas nosas épocas non pasaba isto. Para nada", cre unha veciña.

"Cando tiña a idade destes rapaces pasábao ben pero non iamos estragando todo", apunta outra muller.

Os veciños propoñen máis control por parte dos pais, máis vixilancia policial pero, sobre todo, máis educación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade